D.O RÍAS BAIXAS. ALBARIÑO DE PURA CEPA.

A D. O. Rías Baixas foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.

O noso pai, Benito Vázquez, formou parte do pequeno grupo de viticultores que promoveron esta iniciativa.

Actualmente, a D.O. Rías Baixas agrupa a máis de 150 adegas, esténdese polas subzonas de Val del Salnés, Condado de Tea, ou Roseira, Soutomaior e Ribeira do Ulla e ocupa unha superficie superior a 4.000 hectáreas.

As Rías Baixas é a maior produtora das cinco denominacións galegas, cunha produción total que –en función da campaña-, oscila entre os 25 e 40 millóns de kg de uva.

 

 

CARACTERÍSTICAS DA D.O. RÍAS BAIXAS

As áreas de influencia da D.O. Rías Baixas caracterízanse por ser terras baixas, preto do mar e xeralmente tamén dos tramos inferiores dos cursos fluviais. O influxo do clima atlántico é, polo tanto, unha peculiaridade fundamental tanto destas subzonas coma dos seus viños.

CARBALLAL NA D.O. RÍAS BAIXAS

Adegas Carballal encóntrase na subzona histórica do Salnés, berce da orixe da variedade albariño e a máis importante da Denominación de Orixe. Para máis información sobre os nosos terreos, esperámoste na sección de "Viñedos".

Verificación de Idade

Por favor, verifica que es maior de 18 anos para entrar en Bodegas Carballal.

Introduce a túa data de nacemento completa:

Este sitio web utiliza cookies para lembrar o teu estado de verificación en cumprimento da Lei 11/2010 de Galicia.