Novos tempos
Data de publicación: 26-06-2015
Se estás a ler esta entrada do noso blog, grazas: previsiblemente es unha das primeiras persoas que visita a nosa recén estreada páxina web, e para nós tes iso de especial que sempre acompañan as primeiras veces.
O feito de abrir as portas da nosa adega ao universo online, por medio desta web e este blog, non é nin moito menos fortuíto. Adegas Carballal encóntrase hoxe, ano 2015, nun momento de cambios que comezaron coa nosa transformación en SL e que continuarán coa reforma das nosas instalacións e o lanzamento de novos produtos.
Un momento, ademais, no que afianzamos o noso compromiso con determinados valores comunicativos que, na nosa opinión, deben reinar entre a relación de toda empresa cos seus clientes: a transparencia e a bidireccionalidad.
É por iso que, hoxe, non se inaugura só o noso escaparate en liña, senón que se abre unha liña de comunicación directa entre ti e nós. Comunicar, escoitar, responder. E facelo como unha empresa perfectamente adaptada aos tempos actuais, agora que internet puxo a disposición de Pemes como a nosa a posibilidade de dirixirnos a todo un universo de persoas incribles.
Así é que, grazas por dedicar tres minutos do teu tempo a ler o comezo desta nova etapa da nosa adega. Seguiremos informando;-)